martes, 16 de diciembre de 2008
Lucus
Existe unha cidade que che rouba o corazón, unha cidade que te apresa e xa nunca te deixa, unha cidade que necesitas, que te chama, e que cando estás lonxe chóraslle e entendes o significado da melancolía. Cada vez que volto enaxénome dela e síntome chea de algo que debe ser espíritu ou tal vez sexa a miña alma que agarda ó meu corpo detrás da muralla, sexa o que sexa pídeme que volva, demasiado tempo alonxadas, dase conta de que se non chego a tempo esquecerei o que realmente son.
Aquí xa nada é o mesmo, a aventura rematou e agora queda a realidade, a hora de voltar, de non buscar mais, pois unha vez todo explorado hai que voltar ó carón da nai que me acuna, a cidade que me protexe, a tranquilidade que me axuda a non entolecer.
Si, tenche defectos, pero parecen menos importantes que noutro lugar.
Sempre estarei regresando.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Este blog es de lo mejor que leí en mucho tiempo, espero que siga por mucho tiempo, espero que nos sigas contando, espero que nos sigas haciendo soñar.
Ataraxia
¿dònde estás?
¿por qué no puedo disfrutar más de tus palabras, viajar por tus versos y morirme en cada punto y final?
¿por qué?
¿Por qué no vuelves?
Publicar un comentario